¡Benvidos a O Ticotico!, o blogue do Equipo de Dinamización das TIC do Xesús Golmar. Un espacio na rede no que ensinar e aprender cos recursos que nos ofrece sen perder de vista as importantes pinceladas de humanidade que a través da que parece unha fría pantalla nos poden chegar. ¡¡¡Desfruta da visita e participa da experiencia Ticotico!!!

viernes, 24 de mayo de 2013

¡Parabéns a "A Cova das Curiosidades"!

Dende o Ticotico queremos felicitar moito moitísimo a Belén e a todos os nenos de 3º C porque acadaron o 2º premio no concurso de blogues do programa "Prensa-Escuela". Todo un recoñecemento a un apaixoante forma de traballar e de concebir a educación. É un honor e un orgullo ter compañeiros así dos que aprender tanto e tanto. ¡¡¡FELICIDADES!!!

Se aínda non o fixeches visita o blogue merecedor da distinción:

miércoles, 22 de mayo de 2013

Homenaxe a Paco Lareo

Sen máis palabras que a admiración e respeto pola vida, figura e obra desta gran personaxe da nosa terra, deixamos este audiovisual presentado con motivo da homenaxe que se lle rendeu no CEIP Xesús Golmar. (Recoméndase ver en HD)


sábado, 18 de mayo de 2013

Materiais LUMA

    Dende este enlace podedes acceder a diversos recursos (contos, fichas de grafomotricidade, actividades de asociación,...) con pictogramas.
    É un material moi interesante para traballar co alumnado de neae e incluso co alumnado de Educación Infantil.

jueves, 9 de mayo de 2013

Geometría-Matemáticas-2º e 3º ciclo


PREME SOBRE A IMAXE E PODERÁS REPASAR E FACER  DIFERENTES  ACTIVIDADES SOBRE:
RECTAS, POLÍGONOS, ÁNGULOS E CÍRCULOS

1º Repasa premendo sobre DEFINICIONES
2º Podes facer puzzles  premendo sobre PUZZLES
3º Tes unha serie de actividades para autoavaliarte premendo sobre EVALÚATE




CANAL DE VIDEOS

Neste canal de youtube podedes atopar diferentes contos curtos para nenos/as (en castelán e en inglés), videos de estimulación visual e videos para traballar diferente vocabulario. É un material moi atractivo e útil


CADERNO DE REFORZO DE MATEMÁTICAS PARA 2ºEP

Caderno para reforzar as mates de 2ºEP. Sinxelo

CADERNO DE REFORZO DE MATEMÁTICAS PARA 1º EP

Caderno para reforzar as mates de 1º de EP. Sinxelo